Breve currículum vitae

Miguel Vázquez López é Catedrático de Química Inorgánica da Universidade de Santiago de Compostela desde novembro de 2024 e investigador principal no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS). 

Licenciado en Ciencias Químicas pola USC, doutorouse en Química en 2001, tras ter desfrutado unha bolsa predoutoral da Fundación Segundo Gil Dávila (España) e unha axuda da USC para unha estancia de investigación na Università degli Studi di Firenze. Tras o doutoramento realizou unha primeira estancia posdoutoral de 5 meses en Firenze, financiada pola Fundación Segundo Gil Dávila e a Xunta de Galicia. En 2002 foi beneficiario dunha bolsa posdoutoral USC–Xunta de Galicia na USC e, posteriormente, dunha bolsa posdoutoral da Unión Europea para unha estancia de 21 meses na Università di Pavia, no marco da RTN “Molecular Level Devices and Machines”, centrada no desenvolvemento de quimiosensores para anións inorgánicos e catións metálicos.

Tras obter un contrato Parga Pondal na Universidade de Vigo (2004), regresou en 2006 cun contrato Ramón y Cajal á USC, onde iniciou a súa investigación en bioloxía química e seguiu realizando estancias como investigador visitante (Pavía, Lausana, Dublín). En 2011 accedeu á praza de Profesor Titular e foi nomeado IP no CiQUS. Desde entón mantén financiamento competitivo de maneira continuada, liderando quince proxectos cun financiamento acumulado superior a 1,3 millóns de euros. Desde 2025 é investigador principal dunha International Research Network financiada polo CNRS e lidera un proxecto do Plan Nacional con inicio en 2026.

A súa actividade científica reflíctese en 63 artigos en revistas JCR, dos cales unha elevada proporción corresponden a publicacións Q1 e como autor de correspondencia. O seu traballo acumula máis de 1.900 citas e conta cun índice h de 26, con recoñecidos catro sexenios de investigación. Mantén colaboracións estables con grupos nacionais e internacionais de primeiro nivel e foi convidado a impartir conferencias plenarias e comunicacións orais en reunións de prestixio, así como seminarios en universidade europeas de referencia.

No ámbito da formación investigadora dirixiu oito teses de doutoramento, así como quince TFM e vinte e un TFG, mantendo actualmente varias direccións en curso. Participa activamente en tarefas de xestión e servizo académico, formando parte do Comité Académico do Máster en Frontier Chemical Biology and Molecular Materials (USC) e do Comité Executivo da Escola de Doutoramento Internacional, así como de sociedades científicas especializadas.